Denuncia de las irregularidades sucedidas durante el campeonato de F1 2007

En vista dos feitos acontecidos no campionato de F1 2007, e como afeccionados e amantes deste deporte, vémonos na obriga de denunciar publicamente as irregularidades que viñeron sucedendo ao longo do mesmo, e que mostran claros indicios de trato de favor para o piloto L. Hamilton, así como graves prexuízos para o piloto F. Alonso, tanto por parte do equipo McLaren como pola propia Federación Internacional de Automobilismo.

Os feitos probados e presuntas irregularidades son as seguintes:

G.P. Australia (18-03-07) A estratexia de paradas en boxes é favorable a L. Hamilton en prexuízo de F. Alonso.

G.P. Barhein (15-04-07) Estrañamente o monopraza de F. Alonso sofre danos con nocturnidade, segundo xustifica o seu propio equipo, debido ós cales o seu coche non pode seguir o ritmo do seu compañeiro, cuxo monopraza funciona perfectamente. L. Hamilton cambia varias veces a súa traxectoria na saída, cando esta totalmente prohibido, non sendo sancionado por iso.

G.P. Mónaco (27-05-07) A falta de poucas voltas para o final, o equipo ordena ós seus pilotos baixar de 19.000 r.p.m., L. Hamilton, desobedecendo ó equipo, non o fai e intenta exceder ó seu compañeiro, ó non conseguilo quéixase ó final da carreira ante a F.I.A. e os medios de comunicación ingleses, provocando unha investigación e unha gran presión mediática sobre F. Alonso. O equipo non toma medidas contra L. Hamilton nin defende a F. Alonso. Por outra banda, durante a carreira, L. Hamilton pisa a liña continua na saída de boxes, o cal esta prohibido, non recibindo por iso ningunha sanción da F.I.A.

G.P. Canadá (10-06-07) Comportamento estraño do monopraza de F. Alonso. Unha vez mais o coche nº 1 non esta en as mesmas condicións mecánicas que o do seu compañeiro L. Hamilton.

G.P. EE.UU. (17-06-07) De novo as estratexias de parada en boxes favorecen descaradamente a L. Hamilton en detrimento de F. Alonso.

G.P. Francia (01-07-07) Estrañamente, ante a previsión de choiva, F. Alonso ten problemas coa súa caixa de cambios na Q3, sendo relegado ó posto 10 na grella de saída, mentres o seu compañeiro L. Hamilton non padece ningún problema. Da Rosa comenta durante a carreira que esta partida de repostos estaba perfectamente identificada e fora retirada.

G.P. Alemaña (22-07-07) Asombrosa actuación da dirección de carreira ante a saída de pista de L. Hamilton. Un guindastre de rescate coloca a L. Hamilton en pista tras a súa saída, a pesar do grave risco para os demais corredores. Sospeitosamente o guindastre non sacou ós corredores pola orde en que se habian saído, senon primeiro a L. Hamilton. O regulamento establece claramente que deben apagar os seus motores e saír do monopraza, como fixeron os demais corredores.

G.P. Hungría (05-08-07) Correspóndelle a F. Alonso unha volta extra na Q3. L. Hamilton impídeo saltándose as ordenes de equipo, entrando a cambiar neumáticos pola súa propia decisión detrás de F. Alonso, ó que incriblemente colocan neumáticos duros usados. Inmediatamente despois colocan brandos novos a L. Hamilton. F. Alonso consegue a primeira posición a pesar dos neumáticos, o que provoca o desgusto de Ron Denis e a nova denuncia de L. Hamilton á F.I.A. Como consecuencia disto F. Alonso é atrasado 5 postos na grella de saída, aplicando unha sanción inexistente no regulamento, e McLaren perde os puntos de construtores nesta carreira. Inexplicablemente o equipo non toma medida algunha contra L. Hamilton.

G.P. Italia (09-09-07) L. Hamilton coloca o coche en diagonal na grella de saída e realiza varios cambios de traxectoria, non sendo unha vez mais amoestado por iso.

G.P. Bélxica (16-09-07) Presunto intento de sabotaxe ó coche de F. Alonso, o seu mánager fai saber que o día dos adestramentos libres o propio F. Alonso descobre que algo non vai ben no seu propulsor, obrigando ós mecánicos a revisalo e descubrindo que faltaba unha tapa do aceite de motor. Sábese que se dese só unha volta nestas condicións rompería o seu motor, quedando atrasado 10 postos na grella de saída.

G.P. Xapón (30-07-07) Incriblemente F. Alonso ten problemas de novo na Q3 cos seus neumáticos, como el mesmo declara tras finalizar a clasificación. L. Hamilton ten de novo unha volta extra con neumáticos novos e menos combustible, na que consegue a primeira posición. Durante a carreira ambos os pilotos sofren choques, e só é sancionado o piloto que se toca con L. Hamilton, a pesar de que é F. Alonso o que sofre serios danos no seu monopraza. O equipo non avisa a F. Alonso dos danos do seu coche, que sofre un accidente ante a pasividade do seu propio equipo. Durante o coche de seguridade posterior ó accidente, L. Hamlton sáltase de novo as normas, provocando un accidente ós seus compañeiros Weber e Vettel, non sendo sancionado durante a carreira, nin tras a posterior investigación con novas e rotundas probas na súa contra.

G.P. China (06-10-07) Por enésima vez F.Alonso volve ter problemas na Q3, a pesar de ser tanto ou mais rápido que o seu compañeiro durante os adestramentos libres e as dúas primeiras quendas de clasificación. Ultima proba definitiva, tras o segundo posto de F. Alonso en China e o abandono de L. Hamilton, só un mecánico de McLaren acode ao podio para celebralo. Posteriormente Ron Dennis declara publicamente que a loita nesta carreira non era con Ferrari, senon con F. Alonso, no seu propio equipo considéranlle o adversario a bater.

Unha vez analizados e contrastados os feitos anteriormente citados, atopamos argumentos mais que suficientes para manifestar que o trato de igualdade entre pilotos non foi respectado, nin por McLaren nin pola Federación Internacional de Automobilismo na aplicación do regulamento de Formula 1.

Polo tanto, os abaixo asinantes, queremos denunciar publicamente todas estas situacións irregulares e expresar a nosa total indignación con todo o ocorrido no campionato de F 1 2007.

Si deseáis uniros a la causa, podeís dar vuestro apoyo firmando en:
http://www.petitiononline.com/fealonso/petition.html

Toda esta información ha sido recopilada por miembros del foro Safety-car:
http://www.safety-car.net

Leave a Reply

Please log in using one of these methods to post your comment:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s